Chega o anticiclón pleno…

Posted: under O tempo.

Xa estamos no comezo do mes de marzo e coa vista posta na primavera, aínda que a meteorolóxica xa a temos con nos e a astronómica chegará nuns días. Entre esa vista seguro que tes o tempo que vai facer e para iso estou eu aquí, pero no para darcho para todo este tempo, senon para esta semana, así que será o que che conte a continuación.

Partimos do que che contaba o xoves pasado e o anticiclón colleu sitio sobre a Península, pero non tanto polo noroeste e norte onde aínda quedan nubes, tal e como podes ver na seguinte imaxe de satélite correspondente a primeira hora desta tarde.

satelitePois ben, esta tendencia a que o anticiclón cubra a Península Ibérica vai a seguir, malia que mañá aínda haberá nubes polo norte mañá martes, e fará que cara o resto da semana vaian indo a menos e desaparecendo as precipitacións deixando todo o territorio peninsular con poucas nubes e bastante sol. Ves isto resumido coas saídas do modelo previstas para o mércores ao mediodía para os campos de isobaras (esquerda) co anticiclón xa case sobre a Península e os campos de nebulosidade con precipitación (dereita) co case ausencia das mesmas.

nubes chuvia mércores presión mércoresDe temperatura iremos costa abaixo, é dicir, irán baixando co paso da semana, sendo o leste e o sur onde máis se vai a notar esta baixada e desaparecerán estes valores tan pouco típicos do inverno que se están a dar estes días.

O vento irá en aumento e acabará a semana notándose e ben, especialmente polo leste e polo sur onde o vento de levante vai tocar o carallo un pouco de máis.

E si, o anticiclón tamén vai a chegar a Galicia, pero a partires do mércores será cando chegue o sol e ven para quedarse uns días. Antes diso aínda toca aguantar un pouco de chuvia mañá martes, pero xa che digo, chega o mércores chega o sol para quedarse. Iso si, chega o sol, pero non quentará moito xa que baixarán un chisco as temperaturas comparadas coas de onte e hoxe. O vento fará acto de presenza tamén, pero non moita, o suficiente para molestar un pouquiño.

Como les, a chuvia tamén para en toda a Península e non só polo centro e sur toca que gocen do sol, así que, xa sabes, aproveitao non vaia ser que pronto se marche, aínda que parece que non vai ser o caso.

Comentarios (0) Mar 02 2015