E segue o sol…

Posted: under O tempo.

Comezamos unha nova semana que segue a un fin de semana de sol e calor en toda a Península. Si, en toda a Península porque non se librou ningunha localidade. Agora o que queres saber é se isto vai a seguir ou non durante a semana, non si? Xa che respondo en nada.

Como ves, a imaxe de satélite seguinte de primeira hora desta tarde ven a certificar o tempo soleado que estamos a ter, salvo algunha nube por aí solta que decorou o ceo peninsular.

satélitePois ben, aínda que non o creas, isto vai seguir así durante esta semana. O anticiclón seguirá con nós e unicamente o xoves se fará un pouco o remolón e deixará pasar unha fronte que afectará ao noroeste, pero tampouco será gran cousa e xa o venres volvemos ao mesmo. En resumo, semana de bastante sol, agás o xoves polo noroeste con algunha nube máis e mesmo con algo de chuvia e logo voltará o sol. Resumindo isto en imaxes do modelo, tes nas de arriba o previsto para este comezo de semana coas saídas correspondentes á medianoite do martes ao mércores para os campos de isobaras (esquerda) e nebulosidade con precipitación (dereita) e na de abaixo o previsto para o xoves ao mediodía coa fronte e as mesmas variables anteriores.

presión martes mércoresnubes chuvia martes mércorespresión xovesnubes chuvia xovesDe temperaturas non ímos a andar máis calurosos, mais ben ata un pouco menos polo norte, mentres que no resto da Península seguirase como está a quentar estes días.

Do vento apenas haberá novas nesta semena e estará tranquiliño.

En Galicia seguiremos como estamos estes días, con moito sol e temperaturas calurosas, non tanto pola noite con bastante amplitude térmica. Iso si, atentos que o xoves pola tardiña e noite chega algo de chuvia. O vento apenas se notará durante esta semana.

Como les, seguimos con este tempo case de verán con moito sol e ata calor do bo en moitas zonas, cunha excepción por onde sempre, polo noroeste cara finais de semana.

Comentarios (0) Mar 10 2015