A pola medio maratón!!!

Posted: under Calquer cousa, Deportes.

Hoxe é o día. Xa chegou. Ano e pico rompéndome a cabeza e, sobre todo, o corpo e por fin podo cumprir o obxectivo que me marquei: vou correr a miña primeira medio maratón! Si, 21.097 quilómetros de carreira.

O conto comeza xa fai ano e medio cando se me pasou pola cabeza o facelo. Seica é o paso lóxico cando xa levas tempo correndo, ou facendo “running” que como se lle coñece agora. A miña idea era preparar a tan famosa Vig-Bay, pero como o seu perfil parece ser que non é fácil, pois funme a outra cun perfil máis sinxelo para comezar. Foi aí onde entra o meu amigo Javi, zamorano residente en Ourense e me comenta o da medio maratón de Zamora, na mesma época que a Vig-Bay, pero máis sinxela. Tamén influiu, e bastante, que a miña parella tamén é zamorana; así que, branco e en botella, e me dispuxen a preparala.

A primeira opción era facela o ano pasado, pero o meu baixo estado de forma, tanto físico coma de peso, fixo que o descartase e quedei emprazado mentalmente para a deste ano e así foi, púxenme en serio a entrenar.

Primeiramente tocou baixar de peso, 15 quilogramos menos e máis entrenamento, sobre todo do verán pasado ata aquí e intensificado despois do Nadal grazas á axuda do mesmo Javi e de Gelo que me levaron con eles a correr polas marxes do Miño e do Barbaña a un ritmo maior do que o faría eu se fose só.

E aquí me tedes, a uns minutos de porme a quecer e correr os 21.097 quilómetros coa única meta de rematalos en boas condicións. Si, o obxectivo é así de simple. Con iso me conformo. Ben, hai algo máis, tamén se pode ser en menos de 2 horas, mellor, pero non o vexo fácil; dependerá de como me vaia encontrando ao longo da carreira.

E listo, xa vos contarei a vindeira semana como foi o conto.

1 comentario

  1. Alá foi a medio maratón!!! Says:

    […] xa os 21.097 quilómetros da medio maratón de Zamora que corrín o domingo pasado, tal e como vos contei e o que podo dicir é que teño ganas de volver, non só a esa cidade senon tamén a facer unha […]



RSS feed for comments on this post.



Sorry, the comment form is closed at this time.