Inestabilidade…

Posted: under O tempo.

Ben, comezamos unha nova semana na que polo que leo nas redes sociais xa andas a voltas pensando na Semana Santa. Só dicirche que aínda é cedo para saber o tempo que teremos, así que antes toca ver o desta semana.

A situación actual é a que podes ver na seguinte imaxe de satélite de comezo desta tarde onde salvo algunas nubes polo norte, nordeste e illas Baleares, o sol é o que manda.

satélitePois ben, isto non vai a quedar así xa que unha baixa situada ao noroeste de Galicia vaise a ir movendo cara o suroeste da Península segundo avance a semana, tal e como podes comprobar nas dúas seguintes saídas do modelo para o campo de isobaras, sendo a imaxe da esquerda de arriba a correspondente a esta media tarde de hoxe luns e a de abaixo a correspondente ao xoves ao mediodía. A medida que avanza a borrasca esta trae consigo inestabilidade e, polo tanto, nebulosidade con precipitacións que afectarán principalmente a toda a Península, agás a Galicia, como podes ver nas imaxes de nebulosidade e precipitación do modelo previstas para os mesmos instantes e que che poño na parte dereita. Deixar constancia que non é descartable que algunha desas precipitacións sexa en forma de treboada.

presión lunsnubes chuvia lunspresión xovesnubes chuvia xovesE non só haberá auga, senon tamén algo máis de frío porque as temperaturas baixarán e xunto co vento que vai soprar, e bastante, poderá que sintamos aínda un chisco máis. Iso si, cara finais de semana xa se recueperarán un pouco mas temperaturas.

E si, Galicia desta zafa. A borrasca esta vai pasar de refilón e non nos afectará a nos principalmente. Iso si, algo de inestabilidade si teremos e veremos máis nubes que estes días pasados e mesmo con algun chuvasco polo sur do país a mediados de semana. De temperaturas sen moitos cambios con respecto aos valores que estamos tendo estes días. O que si aparecerá será o vento que a partires de metade de semana se deixará notar bastante máis.

Como les, a inestabilidade apodérase da atmosfera peninsular e trae unha semana bastante pasada por auga e vento é espera de que o venres libre un pouco e podamos gozar do eclipse de sol que está previsto, pero iso xa cho conto con máis detalle o xoves.

Comentarios (0) Mar 16 2015