A polo sol!!!

Posted: under O tempo.

Ben, xa chega a Semana Santa e ti dos nervios co tempo que vai facer, non si? Pois tranquilidade que aquí chego eu para contarcho e ver como se presentan estes vindeiros días.

De momento o que temos é unha fronte cruzando a Península, afectando principalmente ao norte peninsular e deixando algunha que outra chuvia, tal e como podes na imaxe de satélite de primeira hora desta tarde.

satélitePois ben, isto pasará a ser historia porque o anticiclón irá afianzándose pouco a pouco ata chegar a mandar, non so durante a fin de semana, senon tamén gran parte da semana que ven. Polo tanto, unha vez acabe de pasar esta fronte de hoxe chegará o ceo con pouca nube e bastante sol, aínda que polo norte vexamos algunha nube máis e con probabilidades moi baixas de que haxa precipitacións. O resumo disto pódelo ver nas seguintes imaxes do modelo previstas para a medianoite do sábado ao domingo, onde á esquerda, no campo de isobaras, vese o anticiclón xa colocado ao noroeste da Península e á dereita como, áinda que algunha nube polo norte non hai precipitación e xa no resto da Península será o sol o que mande.

nubes chuvia sábado domingo presión sábado domingoCo afianzamento da anticiclón marcharán tanto o frío e fará que as temperaturas vaian subindo pouco a pouco co paso dos días ata rematar a fin de semana con temperaturas moi agradables e mesmo calurosas en moitos puntos.

Do vento aínda haberá algunha que outra nova porque polo Cantábrico soprará algo, ao igual que polo val do Ebro; mentres que no resto da Península apenas se notará.

E si, Galicia non se libra do anticiclón, así que se presentan uns días de bastante sol, aínda que con algunhas nubes no ceo, pero sen chuvia. Ademáis irá indo máis calor, chegando aos 20º en puntos do interior cara o comezo da vindeira semana. Do vento nada, notarase un chisquiño polo norte.

Como les, o conto pinta ven neste comezo de fin de semana e xa che adiante que seguirá pintando así de ben no comezo da semana, pero aínda así, o luns chegarei eu para confirmalo e contarche como se presenta toda a Semana Santa.

Comentarios (0) Mar 26 2015