Seguimos soleados…

Posted: under O tempo.

Que? Xa de Semana Santa? A que non esperabas tan “bo tempo” nestas datas? Pois aí o tes. Agora ben, seguro que andas a voltas co de que rematará e durante os días festivos da semana vai cambiar e todo iso, non si? E farao? En nada dígocho.

Como che dicía, o que temos é moito sol sobre a Península, tal e como ves na seguinte imaxe de satélite desta tarde, onde salvo polo nordeste, no resto nin unha nube.

satelitePois ben, así imos seguir durante esta semana. Si, o que les, o conto do tempo non che vai a impedir gozar duns días de descanso estupendos. O anticiclón vai a seguir con nós e salvo algunhas nubes polo norte que mesmo poidan deixar algunha que outra gota, o sol será o que mande sobre a Península, tal e como che resumo nas dúas seguintes imaxes previstas para o mércores ao mediodía para o campo de isobaras (esquerda) e o campo de nebulosidade con precipitación (dereita).

presión mércores nubes chuvia mércoresE si, vai durar ata a Pascua. Iso si, con algún matiz dado que parece pode entrar algo de aire frío que inestabilice lixeiramente a atmosfera e poda aparecer algún que outro chuvasco, pero non te asustes que non sería gran cousa.

De temperatura non imos a ter problema porque vai seguir así de estupenda como estes días. Unicamente o mércores se notará un pouco menos de calor polo norte, pero xa recuperando no final de semana.

Do vento poucas novas se estás fora do val do Ebro e do estreito de Xibraltar porque será aí onde se notará o vento, non moito, pero si algo para que moleste un chisco.

Si, Galicia non se libra deste tempo, así que o que nos espera esta semana é que o sol mande, con algunha que outra nube, pero en liñas xerais bastante sol. E con este sol ven o calor, si, calor que fará, superando os 20º en moitos puntos, mentres que o vento estará ausente.

Como les, esta Semana Santa pinta moi ben no meteorolóxico, así que non tes excusa para non gozar dela que desta vez os do tempo non temos culpa de nada.

Comentarios (0) Mar 30 2015