Rematou a Media Maratón por este ano

Posted: under Deportes.

Fai dúas semanas estaba contándoche que afrontaba a miña terceira Media Maratón de Zamora e empraceiche a ler a posteriori como me foi e por iso mesmo estou agora escrindo isto.

Como dicía os obxectivos eran rematar e condicións físicas decentes e en menos de 2 horas e volveronse a cumprir estes obxectivos, pero con algún matiz que me deixou con un pouco mal sabor de boca. Ese matiz foi o de non poder baixar o tempo do ano pasado. Si, fixen case medio minuto máis sendo o tempo total de 1 hora 58 minutos e 27 segundos. E agora é cando pensas, e que máis da? Só é medio minuto? En parte tes razón, pero un sempre quere mellorar ano tras ano e este non foi posible. Aínda así, despois dos problemas coa caída que tiven no proceso de entrenamento, impedindo un chisco un entreno normal, non teño queiza grande do resultado final.

En resumo, a carreira foi como a dos anos anteriores, de máis a menos. Os primeiros quilómetros quizais os fixen máis rápido do que debería para logo acabar pagandoo en certa medida no meu tramo “especial” dos últimos 7 quilómetros que segue a atragantarseme. Iso si, algo bo, por dicilo así, foi que puiden rematar a carreira esprintando e adiantando á xente no último quilómetro.

Toca tomar nota e a ver se dunha vez corrixo os defectos que teño nas miñas carreiras. Sigo a baixar peso e entreno máis; non só de cara ao ano que ven nesta mesma Media Maratón senón tamén para o resto de carreiras que me quedan neste 2017.

Non quero rematar estas liñas se agradecer de corazón ao meu amigo Javi que me fixo de “liebre” e, a pesar dos seus problemas nos xeonllos que lle impiden correr con regularidade, quixo acompañarme ao longo do recorrido dándome ánimos e exprimíndome, sobre todo ao final, para que puidera cumplir os meus obxectivos.

Novamente agradecer a toda a xente que saiu ás rúas zamoranas a darnos azos nesa boa mañá de sol e calor.

Ben, ata aquí remata a Media Maratón por este ano e xa preparando os novos retos durante este novo ano “runner” e que a través das miñas redes sociais iredes vendo.

Comentarios (0) Abr 02 2017