Frío en agosto?

Posted: under O tempo.

Ben, comezamos unha nova semana xa dentro do mes por excelencia das vacacións que é agosto e ti, se estas nelas, aínda máis pendente do tempo, non si? Pois vou agora a contarche o que nos ven  para esta semana.

O que temos agora mesmo non é outra cousa que o paso dun sistema frontal moi feble, destes de verán que traen bastante nube, pero moi pouca auga, e algunha nube de evolución polo leste, tal e como podes ver na seguinte imaxe de satélite desta mesma tarde.

Pois ben, o conto é que tras o paso desta fronte as altas presións irán entrando polo oeste peninsular e provocando a estabilización da atmosfera, pero tamén a entrada de aire frío procedente de latitudes máis altas. Polo tanto, o ceo pouco anubrado o despexado será o que mande sobre a península, pero con máis nebulosidade polo norte e mesmo con algunha chuvia. Tamén polo leste haberá chuvia, pero neste caso doutro tipo xa que esta terá carácter treboento, así que máis xunta en pouco tempo. O resto da península, con bastante sol. Podes ver isto nas seguintes imaxes do modelo GFS previstas para o vindeiro mércores pola tarde para os campos de isóbaras e nebulosidade (esquerda) e o campo de precipitación (dereita).

Si, marchará a calor. Esta entrada de aire frío fará que baixen moito as temperaturas, especialmente polo norte onde mesmo fará frío. Si, frío no mes de agosto porque a baixa será importante, tal e como podes comprobar se comparas as dúas seguintes imaxes da temperatura en superficie deste mesmo luns (esquerda) e a prevista para o mércores (dereita).

O vento do norte notarase no litoral cantábrico, pero sobre todo polo oeste con intervalos ata fortes na metade da semana. A zona do estreito tampouco se libra, pero desta vez con menos intensidade que polo oeste. Onde apenas se notará será no resto do territorio peninsular.

Si, ven o sol a Galicia. Despois de varios días con máis nubes que sol, éste chegará e ben, pero non quentará ata finais de semana porque con esta entrada de aire frío os termómetros non dirán que estemos en agosto, máis ben en outono polo fresco que irá e que se acrecentará na sensación térmica debido a que este vento do norte, por momentos, se notará e ben.

Como les, toca andar algo abrigado para estarmos en agosto se andas polo norte e agradecerás este fresco se andas polo centro e sur peninsulares porque por aí non hai que pare coa calor.

Non hai comentarios

No comments yet.

Sorry, the comment form is closed at this time.