Sol e calor?

Posted: under O tempo.

Ben, xa estou aquí de volta despois do descanso deste luns para contarche que nos deparará a fin de semena nisto do tempo, así que non me enredo máis e paso a escribircho.

Como ves na seguinte imaxe de satélite desta tarde, salvo algunhas nubes polo norte, o ceo estivo e está bastante despexado.

Pois ben, o conto non che vai cambiar moito porque o anticiclón seguirá a ser o protagonista deste tempo na fin de semana, así que moi poucas nubes en toda a península, agás polo norte onde o vento de compoñente norte provocará que aumente a nebulosidade e mesmo deixe algo de chuvia. O resumo visual telo nas seguintes imaxes do modelo GFS previstas para o sábado ao mediodía para os campos de isóbaras e nebulosidade (esquerda) e o campo de precipitación (dereita).

Si, irá calor. Aínda máis porque as temperaturas ascenderán e polo centro e sur peninsulares fará moita calor.

O vento de levante fará das súas na zona do estreito de Xibraltar na fin de semana porque promete soprar con certa intensidade. Xa no resto da península estará tranquilo, agás polo oeste onde se notará un pouco máis.

E si, sol e calor en Galicia para esta fin de semana. Esta noite máis nubes con algo de chuvia polo norte, pero xa logo virá o sol e ven para quedarse toda a fin de semana e quentando cada día máis deixando unha fin de semana de sol e calor, sobre todo o domingo e ademais con pouco vento, agás no litoral onde soprará cunha intensidade maior.

Como les, toca fin de semana típica de agosto con moito e sol e calor en toda a península, case sen excepcións.

Non hai comentarios

No comments yet.

Sorry, the comment form is closed at this time.