Buff, que calor!!!

Posted: under O tempo.

Buff, que calor, non si? E si, ademais en toda a península Ibérica, incluido este recuncho do noroeste onde “sempre” chove chamado Galicia. Agora só queda saber cando marcha a calor e se voltaremos á normalidade con temperaturas máis agradables, así que a iso vou agora, a contarche se será así ou non.

E si, xunto con esta calor o que cabe esperar é un ceo con moito sol e moi pouca nube e así foi hoxe, tal e como podes comprobar na seguinte imaxe de satélite desta mesma tarde.

Pois ben, a situación non vai cambiar en demasía nos vindeiros días en canto ao estado do ceo porque en canto en canto temperaturas algo vai relaxar polo norte. Polo tanto, as altas presións seguirán afectando á península Ibérica nos vindeiros días, pero algo máis débiles que xunto con vento do norte deixarán un norte con máis nubes e mesmo algo de chuvia e ceo bastante despexado canto máis ao sur. Agora ben, polo nordeste e leste peninsulares cara finais de semana podería algún que outro chuvasco treboento que refresque a tarde-noite. Podes ver isto nas seguintes imaxes do modelo previstas para a medianoite do mércores ao xoves para os campos de isóbaras e nebulosidade (esquerda) e o campo de precipitación (dereita).

Si, baixará a calor. Polo centro e norte peninsulares non se notará tanto, pero si polo norte onde o día de hoxe foi de carallo coa calor, valores poucas veces acadados.

E para completar isto apenas haberá vento, así que en moitos sitios quizais a sensación de calor sexa maior.

Ben, esta Galicia abafante de calor de hoxe irá a menos. Mañá xa polo litoral as temperaturas vanse suavizar bastante, mentres que no interior non tanto, pero con calor máis soportable. Iso si, todo con bastante sol en liñas xerais, con algunhas nubes máis polo norte e no litoral atlántico nas primeiras e derradeiras horas do día e todo con moi pouco vento, agás cara finais de semana no litoral onde se notará bastante máis.

Como les, seguimos cun agosto moi caloroso sobre a península Ibérica, en toda, porque ata Galicia chegou esa masa de aire cálido que nos está facendo quecer.

 

Non hai comentarios

No comments yet.

Sorry, the comment form is closed at this time.