Máis estabilidade?

Posted: under O tempo.

Rematamos unha fin de semana relativamente tranquila nisto do tempo se a comparamos coas anteriores, non si? Agora comeza unha nova semana e imos ver que nos trae a atmosfera.

De momento salvo polo noroeste e norte con algo de chuvia e algunhas nubes por aí perdidas no centro e sur, o resto é o sol o que manda sobre a península Ibérica; tal e como podes comprobar se ves a seguinte imaxe de satélite de primeira hora desta tarde.

Pois ben, imos a continuar así ata mediados de semana que ven unha fronte. Mañá martes será un día tranquilo con bastante sol e algunha nube por aí solta con néboa en moitos puntos do interior, como podes ver nas seguintes imaxes previstas para mañá ao mediodía do modelo GFS para os campos de isóbaras e nebulosidade (esquerda) e o campo de precipitación (dereita).

Isto aguantará ata o mércores pola tarde que será cando unha fronte entre polo noroeste e barra nas seguintes horas de oeste a leste a península deixando moita nube e chuvia que se transformará en chuvascos detrás do paso desta fronte. Pódelo ver nas seguintes imaxes do modelo previstas para o xoves ao mediodía para as mesmas variables de antes.

Xunto coa chuvia tamén chega algo de frío porque as temperaturas a partir do mércores baixarán e con ela a cota de neve colocándose por baixo dos 1000 metros polo noroeste no final da semana.

O vento, agás polo noroeste, estará tranquilo durante toda a semana. Iso si, aí notarase e ben co paso da fronte.

Si, voltará a chuvia con xeito a Galicia. Despois duns días húmidos, incluído o de mañá martes, con nubes baixas e chuvia feble será o mércores cando, coa visita da fronte, as nubes serán máis densas e con máis auga co paso da fronte e logo cos chuvascos os xoves e mesmo algún deles con saraiba e en forma de neve por riba dos 700/800 metros. Tamén teremos descenso de temperaturas progresivo co avance dos días, ao mesmo tempo que aumenta a intensidade do vento.

Como les, rómpese esta tranquilidade no tempo peninsular e chega auga a moitos puntos do territorio peninsular.

Non hai comentarios

No comments yet.

Sorry, the comment form is closed at this time.