Fin de semana tranquilo, si ou non?

Posted: under O tempo.

Estamos a rematar esta semana relativamente tranquila nisto do tempo se exceptuamos o día de hoxe, non si? Agora chega a fin de semana e estás preparando cousas para facer, así que vou ver se che aclaro algo do tempo para que o poidas facer mellor.

Como puideches comprobar e poderás ver na seguinte imaxe de satélite desta mesma tarde, as nubes e a chuvia foron as protagonistas sobre a península Ibérica no día de hoxe.

Pois ben, todo indica que a tendencia será á estabilización da atmosfera nos vindeiros días. Mañá venres aínda quedaría bastantes nubes e precipitacións polo centro e norte principalmente e menos canto máis ao sur. Ter en conta que esta precipitación pode ser en forma de neve por riba dos 700/800 metros, puntualmente por riba dos 500 nalgún punto, tal e como podes ver nas seguintes imaxes do modelo GFS previstas para este venres ao mediodía para os campos de isóbaras e nebulosidade (esquerda) e o campo de precipitación (dereita).

Xa na fin de semana a situación será máis estable en liñas xerais. As altas presións influenciarán á península e, polo tanto, haberá moito sol. Iso si, polo norte aínda quedarán nubes e algo de chuvia porque neve moi pouca dado que a cota de neve ira subindo co paso dos días. Xa polo sueste comezará a haber inestabilidade coa aparición de nubes e chuvia. Podes ver isto nas imaxes do modelo previstas para a medianoite do sábado ao domingo para as mesmas variables de antes.

Si, tamén suben as temperaturas. Aínda teremos frío mañá venres, pero xa logo notarase un ascenso na fin de semana con temperaturas un pouco máis cálidas, pero nos valores desta época do ano.

O vento será moi protagonista porque soprará e ben en gran parte da península, especialmente polo nordeste mañá venres e logo polo leste e sueste na fin de semana.

Si, case remata a chuvia en Galicia. Aínda quedarán algúns chuvascos, en forma de neve nas zonas altas, no día de mañá venres e logo xa máis restrinxido ao norte o sábado. O domingo xa se tranquiliza a situación e ata poderemos gozar dunha xornada de bastante sol. Ao mesmo tempo que se estabiliza isto iremos notando como suben as temperaturas, sobre todo o domingo. O vento aínda se notará mañá, pero xa logo estará máis tranquilo na fin de semana.

Como les, toca fin de semana relativamente tranquila, agás polo norte e sueste onde algo de entremento chuvioso haberá.

Non hai comentarios

No comments yet.

Sorry, the comment form is closed at this time.