Tempo de?

Posted: under O tempo.

Ala nos vai xa o primeiro mes do ano e veu con movemento polo leste e sueste peninsular durante esta fin de semana e tranquilo no resto, non si? Agora che conto como vai a continuar nos vindeiros días desta semaana.

De momento podes ver na seguinte imaxe de satélite desta mesma tarde como a nebulosidade continúa agora polo sur, mentres no resto do territorio peninsular o ceo despexado é o protagonista.

Pois ben, non che vai cambiar moito isto en liñas xerais. As altas presións seguirán mandando sobre a península Ibérica manténdose a inestabilidade polo centro e sur. Todo isto se traduce que as nubes coa chuvia estarán presente nese centro e sur da península, mesmo sendo importante a chuvia e o ceo despexado no resto coa aparación de nubes e precipitación, en forma de neve en zonas altas, polo norte mediada a semana debido ao paso dun sistema frontal. Podes ver isto graficamente nas seguintes imaxes do modelo GFS previstas para o medianoite do vindeiro mércores ao xoves para os campos de isóbaras e nebulosidade (esquerda) e precipitación (dereita).

As temperaturas nesta primeira parte da semana estarán sen cambios e será cara o final cando polo norte descendan e ascendan polo sur.

O vento dará moita guerra polo sur durante toda a semana e manterase en calma ou moi frouxo no resto do territorio peninsular.

Pois imos a por unha semana tranquila en Galicia. As altas presións prevalecerán e, polo tanto, ceo con poucas nubes con máis canto máis ao norte que mesmo cara o mércores a última hora da tarde e o xoves poderían deixar algo de chuvia. O vento estará tranquilo ata o xoves que será cando se note un chisco máis.

Como les, toca semana co tempo partido en dous sobre a península. Cando chove no centro e sur, non o fai polo norte e logo cambian as tornas cara o final da semana.

Comentarios (0) Xan 29 2018