Fin de semana máis que tranquilo?

Posted: under O tempo.

Temos por diante a derradeira fin de semana deste febreiro tolo que estamos a piques de rematar, verdade? Agora imos ver que pinta ten en canto ao tempo.

O que temos e case un sol coma un mundo, agás polo Cantábrico onde as nubes o esconden e mesmo están a deixar algunha que outra gota, tal e como podes ver na seguinte imaxe de satélite de primeira hora desta tarde.

Pois ben, todo pinta a unha fin de semana relativamente estable coas altas presións mandando sobre a península Ibérica. Así, o ceo despexado ou pouco anubrado será o que teremos. Unicamente polo leste e xa na xornada do domingo polo sur haberá algo de inestabilidade coa posibilidade de que aumenten as nubes e deixen algo de chuvia. O resumo disto pódelo ver nas seguintes imaxes do modelo GFS previstas para o vindeiro sábado ao mediodía para os campos de isóbaras e nebulosidade (esquerda) e precipitación (dereita).

Seguiremos con esta friaxe dado que a masa de aire frío que está entrando polo Pirineos seguirá con nós durante toda a fin de semana. Serán especialmente frías as mínimas con xeadas en moitos puntos. Iso si, a cota de neve respetará e andará polos 1000 metros.

O vento estará relativamente tranquilo. Soamente o domingo polo oeste se deixaría notar un chisco máis.

Si, moito sol en Galicia e nada de chuvia, tal e como podes ver coa seguinte imaxe do modelo probabilístico de MeteoGalicia onde a probabilidade de chuvia nos vindeiros 4 días (hoxe incluido) é nula. Irá frío, bastante, polas noites, mentres que polo día aínda respectará con lixeiro ascenso no remate da fin de semana. O vento tranquiliño en liñas xerais.

Como les, unha fin de semana estupenda para facer cousas ao ar libre dado que a atmosfera nos trae estabilidade con moito sol e pouca chuvia.

Comentarios (0) Feb 22 2018

Sol e frío, como é iso?

Posted: under O tempo.

Ben, xa pasou a fin de semana que no tempo veu tranquiliña, sen nada salientable que destacar, pero, como virá a semana? Algún cambio á vista? Vouno ver e contarcho agora mesmo.

Como podes ver na seguinte imaxe de satélite desta mesma tarde, as nubes aínda seguen presentes polo norte peninsular, mentres no resto da península nada, o sol é o que manda.

Pois ben, parece que as altas presións vanse a consolidar sobre gran parte da península, agás polo Mediterráneo onde haberá algo de inestabilidade. Así, o sol estará presente en practicamente todo o territorio peninsular, con algunhas néboas matinais no interior e algunha que outra nube para deslucir o ceo azul; agás polo Cantábrico onde o ceo será máis gris e mesmo con alta probabilidade de chuvia e no Mediterráneo, onde poderá caer algún que outro chuvasco, especialmente nas illas Baleares. Póñoche isto en imaxes do modelo GFS previstas para o vindeiro mércores ao mediodía para os campos de isóbaras e nebulosidade (esquerda) e precipitación (dereita) para que te fagas unha mellor idea.

Si, seguiremos con estas temperaturas, pero con tendencia a ser un pouco máis frías cara o remate da semana, notándose principalmente ese enfriamento polo sur e facendo que a cota de neve vaia baixando ata porse por debaixo dos 1000 metros.

O vento estará presente durante toda a semana e con certa intensidade polo norte e val do Ebro.

Si, semana tranquila en Galicia. O sol será o protagonista, aínda que con algunha nube por aí solta e néboas polo interior ás mañás. Iso si, este sol non quentará moito e a cada día que pase ata fará un chisco de máis frío por culpa deste vento do norte que se deixará notar. Voltarán as xeadas a moitos puntos pola noite.

Como les, toca semana de certa estabilidade con moito sol, pero sen quentar moito dado que aire frío irá collendo sitio sobre a península segundo avancen os días.

Comentarios (0) Feb 19 2018

E que? Fin de semana tranquilo no tempo?

Posted: under O tempo.

Xa pasou o enterro da sardiña e con él rematou o Entroido deste ano e xa toca comezar a pensar no do próximo ano, pero antes de chegue hai que voltar á rutina e dentro diso está que che conte o tempo que se nos aveciña para os vindeiros días, así que iso será o que che vou a contar agora mesmo.

A situación actual é a que podes ver na seguinte imaxe de satélite de primeira hora desta mesma tarde e na que as nubes e a súa chuvia asociada se atopan polo noroeste, mentres que no resto do territorio peninsular xa apenas se ven e está máis despexado.

Pois ben, isto vai a ir cambiando pouco a pouco nos vindeiros días. As altas presións irán entrando polo oeste e estabilizando a situación por esa zona, mentres que polo leste se inestabilizará no remate da fin de semana. É dicir, mañá esperase un día moi semellante ao de hoxe co noroeste e norte con máis nubes e algo de chuvia e o resto con máis sol, tal e como podes ver nas seguintes imaxes do modelo GFS previstas para o mediodía de mañá venres para os campos de isóbaras e nebulosidade (esquerda) e precipitación (dereita).

Xa entrados na fin de semana as altas presións van a ser as que manden e polo tanto deixen un ceo con poucas nubes e con baixa probabilidade de chuvia, agás polo leste e sueste onde se inestabilizará algo e podería caer algo de chuvia na xornada do domingo. Podes ver isto nas seguintes imaxes do modelo para a medianoite do sábado ao domingo para as mesmas variables de antes.

As temperaturas estarán sen cambios no día de mañá e será na fin de semana cando se enfríe un pouco a situación, agás polo sur, onde, pola contra, haberá ascensos térmicos. Aínda así, a cota de neve manterase ao redor dos 1000 metros.

O vento, en liñas xerais, estará tranquilo durante esta fin de semana. Unicamente no Mediterráneo se deixará notar un pouco máis e algo no oeste peninsular.

Si, en Galicia vai parar de chover. Aínda non será mañá, pero na fin de semana si. Ata o domingo non quedará un ceo despexado, pero a probabilidade de chuvia irá a menos segundo avancen as horas. Ao mesmo tempo, as temperaturas serán un chisco máis frías dado que cambia a dirección do vento de suroeste a norte e, sobre todo, notarase nas mínimas. Este vento deixarase notar po momentos.

Como les, toca unha fin de semana relativamente tranquila nisto do tempo, así que o mellor que se pode facer é gozar dela ao ar libre.

Comentarios (0) Feb 15 2018

Tempo de Entroido!!!

Posted: under O tempo.

Estamos a Xoves de Comadres como gran anticipo do Entroido que xa está con nós. Supoño que o disfraz xa o terás listo, así que agora só che queda saber os complementos en función do tempo que che faga, non si? Pois vou a dicircho xa e así vas preparando todo.

De momento o que temos son as nubes polo norte e zonas altas da península Ibérica que seguen a deixar algo de chuvia e, sobre todo, neve; tal e como podes ver na seguinte imaxe de satélite de primeira hora desta tarde.

Pois ben, a situación vai ir cambiando, non moito, pero algo sí. O máis importante é que as temperaturas irán subindo pouco a pouco e con elas a cota de neve. Aínda así, mañá e pasado seguirase con temperaturas bastante frías. En canto as nubes, éstas xunto coa precipitación seguirán principalmente polo norte e noroeste nos vindeiros días de Entroido debido ao paso de varios sistemas frontais, mentres no resto da península gozarase dunha tranquilidade en canto a menos nubes e máis sol. Esa precipitación que afectará ao norte será en forma de neve por riba dos 500 metros mañá e irá subindo co avance dos días. Podes ver isto resumido nas seguintes imaxes do modelo GFS previstas para o mediodía do sábado (arriba) e para o mediodía do luns (abaixo) para os campos de isóbaras e nebulosidade (esquerda) e o campo de precipitación (dereita).

Como dicía anteriormente, as temperaturas manteranse frías mañá e na fin de semana, pero cunha tendencia a ir subindo e que o frío sexa menos e con menos vento que mitigará a sensación de frío, aínda que se manteña a compoñente norte e polo norte se note máis que no resto da península.

Si, este Entroido en Galicia ven con frío e auga. Aínda continuaremos con estas temperatura frías, pero xa cunha sensación menor porque o vento serán, malia que siga notándose un chisco. E si, a chuvia estará presente durante os vindeiros días co paso de varias de frontes: esta madrugada a primeira, despois o domingo e logo o martes e entre elas chegan os chuvascos. Iso si, a neve xa só nas zonas altas porque a cota de neve estará por riba dos 1000 metros.

Como les, polo norte e noroeste o Entroido virá pasado por auga e fresquete, mentres que no resto da península non terán grandes problemas para celebralo como se debería.

Comentarios (0) Feb 08 2018

Seguirá montándoa a neve?

Posted: under O tempo.

Buff, a que se está liando coa neve, non si? Foi unha fin de semana complicada e un luns case peor, como estás a comprobar. Entón a pregunta é, seguirá asi? Paso a responderche agora mesmo.

Se imos á imaxe de satélite desta mesma tarde vemos como as nubes, deixando a súa chuvia e a súa neve, son as protagonistas no día de hoxe, tal e como estás a ler e ver nos distintos medios de comunicación.

Pois ben, seguiremos así ao longo desta semana cunha tendencia a ir remitindo, pero coa inestabilidade presente en moitos puntos da península. Entre as baixas presións instaladas no Mediterráneo e as altas presións ao oeste da península establecerase un corredor de aire frío e húmido que seguirá entrando polo norte mantendo este frío ou mesmo intensificándoo debido ao vento. Xunto a isto, as nubes estarán máis ao norte e deixando precipitacións, chuvia e neve en cotas preto dos 200 metros entre martes e mércores e logo subindo, sendo algunhas destas nevaradas de xeito importante en moitas localidades, aínda máis do que xa teñen destes días. Canto máis ao sur, menos nubes e apenas probabilidade de precipitación. Resúmocho coas imaxes do modelo GFS previstas para o vindeiro mércores ao mediodía para os campos de isóbaras e nebulosidade (esquerda) onde podes ver as altas e baixas presións e o campo de precipitación (dereita), tendo en cota que esa precipitación será en forma de neve en cotas moi baixas.

E si, continuará este frío e ademáis a sensación térmica del aínda será maior debido ao vento de compoñente norte que non só será o culpable da nebulosidade, senón que coa súa intensidade, por momentos importante, fará que a invernía se manteña sobre a península.

Si, continuará o frío sobre a Galicia. A neve nalgúns puntos, sobre todo na provincia de Lugo e montaña de Ourense. Aínda que a cota de neve estará moi baixa, sobre os 200 metros nalgún momento, non haberá tanta precipitación para que calle e se poda ver en localidades pouco habituais para vela, pero si nas zonas altas seguirá presente. Polo resto, frío e alternancia de nubes e claros con máis delas canto máis ao norte ata que a final de semana chegue unha fronte. O vento de compoñente norte fará que sintamos máis frío do que realmente faga.

Como les, seguimos con este tempo de inverno sobre a península, polo menos ata o comezo do Entroido. Xa logo nel, verémolo o xoves con máis detalle.

Comentarios (0) Feb 05 2018

Neve de novo?

Posted: under O tempo.

Estamos en pleno inverno e a neve, moi típica desta época do ano, fixo acto de presenza de novo nestes días e veu con importancia. Agora toca ver se isto vai continuar así ou non e para iso me poño eu a analizar os mapas e contarcho.

A situación actual pódela ver na seguinte imaxe de satélite de primeira hora desta tarde onde tes as nubes que están a deixar a chuvia e a neve polo norte e algunhas outras polo resto do territorio peninsular.

Pois ben, isto vai a continuar. O vento de compoñente norte seguirá a aportar humidade e aire frío facendo que as nubes polo norte sigan sendo as protagonistas e deixen precipitacións que por riba dos 500 metros serán en forma de neve. Pola zona centro e sur estarase máis tranquilos, pero non tanto porque xa o sábado e, sobre todo, o domingo, chegarán nubes e chuvia, sendo o sur o máis afectado na xornada do domingo. Intento resumirche isto con imaxes e para elo collo as saídas do modelo GFS previstas para a medianoite do sábado ao domingo para os campos de isóbaras e nebulosidade (esquerda) e o campo de precipitación (dereita).

Si, do frío non nos libramos durante os vindeiros días e, ademáis, sentirémolo máis porque o vento axudará a que a sensación térmica sexa maior porque a súa intensidade será importante, especialmente no val do Ebro.

E Galicia? Como non podía ser doutro xeito, tocan nubes e chuvascos, máis intensos e frecuentes canto máis ao norte que en cotas superiores aos 600/700 metros poderán ser en forma de neve. Xa se imos cara o sur poderase ver máis o sol e a probabilidade de precipitación será menor, agás nas zonas altas. Continuaremos con este frío que, unido ao vento, fará que o que se note sexa máis que o que o termómetro nos vai dicir.

Como les, toca outra fin de semana típica de inverno, así que haberá que abrigarse e andar con ollo nos desprazamentos.

Comentarios (0) Feb 01 2018