Tempo de Entroido!!!

Posted: under O tempo.

Estamos a Xoves de Comadres como gran anticipo do Entroido que xa está con nós. Supoño que o disfraz xa o terás listo, así que agora só che queda saber os complementos en función do tempo que che faga, non si? Pois vou a dicircho xa e así vas preparando todo.

De momento o que temos son as nubes polo norte e zonas altas da península Ibérica que seguen a deixar algo de chuvia e, sobre todo, neve; tal e como podes ver na seguinte imaxe de satélite de primeira hora desta tarde.

Pois ben, a situación vai ir cambiando, non moito, pero algo sí. O máis importante é que as temperaturas irán subindo pouco a pouco e con elas a cota de neve. Aínda así, mañá e pasado seguirase con temperaturas bastante frías. En canto as nubes, éstas xunto coa precipitación seguirán principalmente polo norte e noroeste nos vindeiros días de Entroido debido ao paso de varios sistemas frontais, mentres no resto da península gozarase dunha tranquilidade en canto a menos nubes e máis sol. Esa precipitación que afectará ao norte será en forma de neve por riba dos 500 metros mañá e irá subindo co avance dos días. Podes ver isto resumido nas seguintes imaxes do modelo GFS previstas para o mediodía do sábado (arriba) e para o mediodía do luns (abaixo) para os campos de isóbaras e nebulosidade (esquerda) e o campo de precipitación (dereita).

Como dicía anteriormente, as temperaturas manteranse frías mañá e na fin de semana, pero cunha tendencia a ir subindo e que o frío sexa menos e con menos vento que mitigará a sensación de frío, aínda que se manteña a compoñente norte e polo norte se note máis que no resto da península.

Si, este Entroido en Galicia ven con frío e auga. Aínda continuaremos con estas temperatura frías, pero xa cunha sensación menor porque o vento serán, malia que siga notándose un chisco. E si, a chuvia estará presente durante os vindeiros días co paso de varias de frontes: esta madrugada a primeira, despois o domingo e logo o martes e entre elas chegan os chuvascos. Iso si, a neve xa só nas zonas altas porque a cota de neve estará por riba dos 1000 metros.

Como les, polo norte e noroeste o Entroido virá pasado por auga e fresquete, mentres que no resto da península non terán grandes problemas para celebralo como se debería.

Comentarios (0) Feb 08 2018