Ala, que me vou de vacacións!!!

Posted: under Calquer cousa.

Despois doutro verán a pé de modelos meteorolóxicos para a súa interpretación e contarche, tanto neste blogue coma no meu twitter persoal (@omtesouro) e, sobre todo, como un dos portavoces de MeteoGalicia, chega a hora de desconectar e relaxarme unhas semaniñas que boa falta me fan despois dunha tempada de moito stress, tanto no profesional coma no persoal.

Polo tanto, ata pasada a metade do mes de setembro deixarei as isóbaras, os modelo meteorolóxicos e todo o relacionado con este mundo da meteoroloxía tranquilos e tentarei gozar dun bo descanso que creo que teño ben merecido.

Vémonos en nadiña!!!!

Comentarios (0) Ago 25 2017

Pechado por vacacións!!!

Posted: under Calquer cousa, O tempo.

Pois si, por fin chegou o día!!!

Despois de estar todo o verán e as semanas anteriores a pé de modelos meteorolóxicos para a súa interpretación e contarche, tanto por este medio coma no meu twitter persoal (@omtesouro) e, sobre todo, como un dos portavoces de MeteoGalicia, tócame desconectar e relaxarme unhas semaniñas que boa falta me fan despois dunha tempada de moito stress, tanto no profesional coma no persoal.

Polo tanto, ata pasada a metade do mes de setembro deixarei as isóbaras e todo o relacionado co tempo tranquilos e tentarei gozar dun bo descanso que creo que teño ben merecido.

pechado por vacaciónsVémonos en nada!!!

Apertas e bicos, segundo corresponda.

Comentarios (0) Ago 26 2016

Acabou a medio maratón!!!

Posted: under Calquer cousa, Deportes.

Ben, xa fai 15 días que rematei coa medio maratón, que non ela comigo. Si, o pasado domingo 13 cumprín polas rúas de Zamora, como xa vos adiantara ese día, e corrín os 21.097 quilómetros que a compoñen.

E que? Cumpríronse os obxectivos marcados? Iso é o que te estás a preguntar, non si? Pois a resposta é que SI. Todos. Fai uns días che contaba aquí mesmo cales eran e podo dicir que, con esforzo, foron cubertos con creces.

Este ano tamén baixei das 2 horas de carreira, de feito, fixen 1 hora 57 minutos 54 segundos, así que me sobraron 2 minutos 6 segundos. E o máis importante para min, fixen mellor tempo que o ano pasado, 1 minuto e 1 segundo menos e con moi boas sensacións. Vamos, que cheguei á meta, obviamente canso, pero en mellores condicións que fai un ano.

Todo isto ten máis mérito se se teñen en conta as condicións coas que chegaba. Si, con máis quilómetros de entrenamento, pero con entre 5 e 6 quilogramos de peso máis co que iso supón para o meu ritmo de carreira (1,5 segundos por quilómetro máis lento) e o esforzo que un ten que facer para desprazarse, así que me podo considerar moi contento. Parece que ese maior entrenamento compensou o exceso de peso.

Non quero perder a oportunidade de agradecer publicamente ao meu amigo Gelo que me acompañou nesta miña segunda aventura e me guiou ao longo do camiño facéndome as indicacións axeitadas en cada momento para poder conseguir este gran éxito persoal.

Sobre a carreira en si, pois, coma o ano pasado. Fun de máis a menos, pero non tan brusco como outras veces. A segunda parte da carreira, os últimos 7 quilómetos, volveu a “atragantárseme” nesa parte un pouco rompepernas, pero afronteina mellor que o ano anterior para chegar á meta cun ritmo máis lento que ao comezo da carreira, pero non tan malo como na miña experiencia anterior.

Novamente agradecer á toda esa xente de Zamora que saiu á rúa e nos deu azos a todos os “runners” que dedicamos ese domingo a correr.

Queda marcada esta carreira no meu calendario para voltar o ano que ven e mellorar en todos os aspectos, pero mentres xa pensar nas vindeiras carreiras curtas que aparecen no calendario galego e porque non correr a medio maratón de Pontevedra en outubro. Intentarase, xunto con outros obxectivos persoais.

Comentarios (0) Mar 27 2016

A pola media maratón, de novo!!!

Posted: under Calquer cousa, Deportes.

Ben, chegou o día!!

Por segundo ano consecutivo toca correr unha medio maratón. Si, repito experiencia e volvo a correr os 21,097 quilómetros que a compoñen.

Despois da experiencia do ano pasado, como digo, repito o mesmo recorrido e aquí me tedes. A uns minutos de comezar a correr polas rúas de Zamora e cuxos motivos xa che contei fai un ano.

A diferenza radica na miña preparación. Despois de analizar o “erros” cometidos o ano pasado, tocou mellorar a preparación e penso en canto a quilómetros recorridos en entrenamentos foi superado con creces, con ata dous simulacros de carreira, a última aínda fai 15 días. O que si non foi superado foi a forma, mais ben o meu peso, xa que me presento con entre 5/6 quilogramos máis que o ano pasado por estas mesmas datas. Unha serie de acontecementos de índole persoal foron os culpables que me fixeron non manter unha alimentación tan axeitada para manterme no mesmo peso, ou mesmo menos, durante este tempo.

En canto ao obxectivo deste ano non me cabe máis que repetir o mesmo do ano pasado e que non é outro que o de rematar a carreira en boas condicións. O de repetir o tempo e, polo tanto, baixar das 2 horas vai a ser máis complicado debido a que teño dúbidas a que a mellor preparación compense o lastre de correr cos quilos de máis.

Pois ben, vou acabar de prepararme e a pola carreira. Xa a semana que ven che conto como me foi.

Comentarios (0) Mar 13 2016

PECHADO POR VACACIÓNS

Posted: under Calquer cousa.

Si, este ano é o que toca, días non tan habituais á hora de coller vacacións, pero desta vez é o que me tocou ao ter que cubrir turnos de vacacións, así que despois dun Nadal ao pé de borrasca agora me toca a min desconectar un pouquiño; cousa que tentarei.

Deixote cos meus compañeiros de MeteoGalicia (www.meteogalicia.es) e 4 gotas (www.4gotas.com) que estarán aí para informarte ao detalle do tempo que nos virá esta semana e pico que estarei ausente neste blogue, aínda que no meu twitter (@omtesouro) posiblemente non o esté tanto o que si, non entrarei en detalle.

Vémonos na semana do 18 de xaneiro!!!

pechado por vacacións

Comentarios (1) Xan 07 2016

Pechado por vacacións!!!

Posted: under Calquer cousa.

Si, o que les, chegou o momento de tomarse un descanso e desconectar uns días que os últimos meses foron un pouco axetreados de máis, así que antes de que un toupe, toca parar para recargar pilas e voltar a finais de xuño coas isobaras con seus anticiclóns e borrascas e co tempo que nos van traer nas seguintes semanas.

Tamén tentarei estar pouco activo co tempo no twitter (@omtesouro), pero non descarto que de vez en cando vos diga algo do tempo, pero, por defecto, non contes con iso.

PicsArt_1433418205313Vémonos a finais de xuño!!!!

Apertas rapaces e bicos raparigas

Comentarios (0) Xuñ 07 2015

Alá foi a medio maratón!!!

Posted: under Calquer cousa, Deportes.

Pois si, alá foron xa os 21.097 quilómetros da medio maratón de Zamora que corrín o domingo pasado, tal e como vos contei e o que podo dicir é que teño ganas de volver, non só a esa cidade senon tamén a facer unha medio maratón. Iso si, mellorando determinados aspectos.

O obxectivo principal que me marcara foi cuberto con creces. Chegue a meta en condicións decentes para levar esa distancia nas pernas. Obviamente que estaba canso, pero non me derrumbei ao chegar a meta e cun refrixerio e algo de comida puiden tirar ata a ducha e seguir sendo persoa.

E o segundo obxectivo, o secundario, tamén foi cuberto. Si, baixei das 2 horas de carreira. Por pouco, pero sobraráronme 1 minuto e 7 segundos xa que o meu tempo oficial foi de 1h 58 minutos 53 segundos. Como ves, polos pelos, pero foi que tal e como ía rematando a carreira non o tiña eu tan claro.

E a carreira? Pois ben, de máis a menos, como case soe ser habitual en min (aspecto que teño que mellorar). Comecei cun ritmo cómodo despois do barullo dos primeiros quilómetros con tanta xente e polas rúas estreitas do centro. Logo xa “en campo aberto” foi cando me puxen un ritmo, co meu amigo “Piloto” ao lado regulando e dando consellos (el xa leva unhas cantas medio maratóns no lombo) e así ata a falta de 7 quilómetros onde chegou a sopresa por unha zona rompepernas de subidiñas e baixadas (esta parte do recorrido non a coñecía) e un punto no xeonllo esquerdo que, aínda que non doía, si molestaba un pouco e toco facer os últimos 5 quilómetros con esa molestia. Malia a iso tentei manter o ritmo ata que xa no derradeiro quilómetro e medio foi cando as forzas comezaron a chegar ao seu fin e tocou sufrir un chisco, pero iso non impediu chegar a meta en condicións decentes e en menos das 2 horas que me gustaría.

Agradecer a toda a xente que saiu á rúa e nos deu azos en cada punto da carreira. Así da gusto correr!!

O dito, toca mellorar determinadas cousas, é dicir, entrenar máis para que o ano que ven sexa mellor e agora a centrarse nas carreira máis curtas que hai no calendario e por a mente na San Martiño e tentar baixar dos 50 minutos tranquilamente e canto menos, mellor.

Comentarios (0) Mar 20 2015

A pola medio maratón!!!

Posted: under Calquer cousa, Deportes.

Hoxe é o día. Xa chegou. Ano e pico rompéndome a cabeza e, sobre todo, o corpo e por fin podo cumprir o obxectivo que me marquei: vou correr a miña primeira medio maratón! Si, 21.097 quilómetros de carreira.

O conto comeza xa fai ano e medio cando se me pasou pola cabeza o facelo. Seica é o paso lóxico cando xa levas tempo correndo, ou facendo “running” que como se lle coñece agora. A miña idea era preparar a tan famosa Vig-Bay, pero como o seu perfil parece ser que non é fácil, pois funme a outra cun perfil máis sinxelo para comezar. Foi aí onde entra o meu amigo Javi, zamorano residente en Ourense e me comenta o da medio maratón de Zamora, na mesma época que a Vig-Bay, pero máis sinxela. Tamén influiu, e bastante, que a miña parella tamén é zamorana; así que, branco e en botella, e me dispuxen a preparala.

A primeira opción era facela o ano pasado, pero o meu baixo estado de forma, tanto físico coma de peso, fixo que o descartase e quedei emprazado mentalmente para a deste ano e así foi, púxenme en serio a entrenar.

Primeiramente tocou baixar de peso, 15 quilogramos menos e máis entrenamento, sobre todo do verán pasado ata aquí e intensificado despois do Nadal grazas á axuda do mesmo Javi e de Gelo que me levaron con eles a correr polas marxes do Miño e do Barbaña a un ritmo maior do que o faría eu se fose só.

E aquí me tedes, a uns minutos de porme a quecer e correr os 21.097 quilómetros coa única meta de rematalos en boas condicións. Si, o obxectivo é así de simple. Con iso me conformo. Ben, hai algo máis, tamén se pode ser en menos de 2 horas, mellor, pero non o vexo fácil; dependerá de como me vaia encontrando ao longo da carreira.

E listo, xa vos contarei a vindeira semana como foi o conto.

Comentarios (1) Mar 15 2015

Outra semana máis sen poder atenderte…

Posted: under Calquer cousa, O tempo.

Boas, retomo isto do blogue para dicirche que, unha semana máis, teño unha serie de problemas técnicos para detallarche a predición como mereces e aproveito a por este post rápido desde o meu mobil, co coñazo que é escribir con el, para pedirche disculpas.

Se todo vai ven a vindeira semana retomarei a rutina habitual das predicións e comentarios varios que teño un par de cousiñas pendentes.

Ah, antes de rematar, non esquezas o paraugas e/ou chuvasqueiro se andas por Galicia que pinta semana pasada por auga. Se andas polo resto da Península xa a cousa pinta un pouco mellor, quedando o noroeste e norte coas nubes e chuvia e o resto con alternancia de nubes e claros.

Sinto moito e perdoame a ausencia dun detalle máis pormenorizado na predición, pero desatendida/o non te teño que no meu twitter (@omtesouro) sigo informando.

Comentarios (0) Out 06 2014

Pechado por vacacións!!!

Posted: under Calquer cousa.

Ben xente, chegou o día, si, hoxe toca coller uns días de vacacións para desconectar e descansar, así que durante as vindeiras semanas vou deixar tranquilas as isobaras con seus anticiclóns e borrascas, pero tranquilidade, que quedan en boas mans.

Antes de marchar deixovos un sol posto para varios días que por este recuncho chamado Galicia non ven mal despois do verán que estamos a ter e que non parece tal.

Verémonos de cando en vez no meu twitter (@omtesouro) con algún despiste que poida ter co tempo ou algunha que outra cousa que me veña en mente.

pechado2Vémonos en setembro!!!!

Apertas rapaces e bicos raparigas

Comentarios (0) Ago 14 2014