Meteo vs Clima

Antes de nada quixera descatar cal é a diferenza entre ambas especialidades:

Tempo (atmosférico): estado da atmosfera nun lugar e momento concretos. A meteoroloxía estuda os fenómenos atmosféricos (vento, chuvia, neve, saraiba…) e o mecanismo que os produce, intentando a súa predición.

Clima: sucesión dos diferentes tipos de tempo durante, como mínimo, un ano. A climatoloxía é a ciencia que o estuda.

Un exemplo práctico para diferenciar ambos conceptos: en A Coruña e Río de Xaneiro pode facer o mesmo tempo (P.ex.: chuvioso, frío, soleado,…), pero iso non quere dicir que teñan o mesmo clima (A Coruña: oceánico; Río de Xaneiro: tropical).

A que ven esta explicación? Pois ben, son numerosos os erros que se comenten no falar, especialmente cando se dan novas informativas, en situacións deste tipo. Por exemplo, cando se suspende un partido de fútbol debido ás condicións climatolóxicas, pois está mal dito, xa que debería dicirse, debido ás condicións meteorolóxicas porque se está a falar dun momento e lugar determinados.